Dende a Sección Sindical da C.G.T. en P.S.A. Peugeot-Citroà«n, queremos denunciar o grave proceso de recorte de dereitos aplicados pola Dirección co beneplácito da maioría dos sindicatos (S.I.T.-F.S.I., U.G.T. e CC.OO) dende a sinatura do Convenio Colectivo 2012-2015 no mes de Marzal de 2012, pasando ao mes seguinte Abril, a asinar as Medidas de Flexibilidade, para posteriormente, no mes de Xullo de 2012 a Modificación do Regulamento da Bolsa de Horas, ata a sinatura do ERE no mes de Decembro de 2012 e por último, no pasado mes de Febreiro; primeiro, o acordo sobre Medidas Complementarias de Competitividade e unha vez máis, e dentro destas medidas, a Modificación do Regulamento da Bolsa de Horas.
¡Todo isto nun tempo récord DUN ANO!
Para a SS. da C.G.T. , todas estas medidas e recortes supoñen un gravísimo atentado aos dereitos e condicións de traballo dos traballadores/as desta fábrica. Coa sinatura do Convenio Colectivo Read More