Atento despide a 112 traballadores no seu centro da Coruña

Onte, 9 de abril,  a empresa Atento Teleservizos decidiu unilateralmente o despido de 112 traballadores na plataforma da Coruña, pertencentes ao servizo de Atención de Empresas de Movistar.
A única xustificación que aduce a empresa e unha suposta diminución do volume de chamadas do servizo. Esta diminución é consecuencia do desvío de chamadas a outros centros de traballo, táctica que utiliza a empresa cando quere desfacerse dun número importante de traballadores.
Dende o Comité de Empresa  se considera que esta indiscriminada redución de postos de traballo só está xustificada pola avaricia da empresa para aumentar o seu beneficio. Por isto se emprenderán as accións necesarias en defensa dos postos de traballo e o cese dos abusos empresariais.

manicgtcoruna
Así, o Comité de Empresa xa convocou concentracións diante da empresa na rúa de Juan Flórez 80-82, nas seguintes datas e horas:

  • Do 9 ao 12 de abril,  de 12 a 13 horas e  ás 20 horas.
  • Do 15 ao 19 de abril, de 12 a 13 horas e ás 19 horas.
  • Do 22 ao 26 de abril, de 12 a 13 horas e ás 19 horas.

A CGT ten claro que os despidos son fraudulentos, ademáis de inxustificados, e non deixará de denunciar, en tódolos ámbitos, as prácticas abusivas de Atento e Telefónica. Coa loita, o apoio mutuo e a participación de todos os traballadores e traballadoras nas mobilizacións conseguiremos que se replanteen executar este infame despido colectivo.

Máis información: Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

Lunes 8 y Viernes 12 más movilizaciones desde CGT Vigo

El mes viene cargado de movilizaciones desde CGT Vigo. El pasado viernes 5, como todos los viernes hasta que se consiga la readmisión del compañero despedido, nos concentramos en la Plaza de Fernando El católico de Vigo, a la entrada del Parking Gómez-Ulla del Grupo Isolux Corsan, de donde hace ya algo más de seis meses, fue despedido nuestro compañero Seso. Dos tambores dieron la bienvenida a aquellxs que pese a la información facilitada por lxs compañerxs allí reunidos, no han querido secundar el boicot a esta empresa.

CIMG7552Este lunes, trasladaremos la protesta por los despidos en los aparcamientos Gómez-Ulla, a la puerta del Ayuntamiento de Vigo, junto con lxs compañerxs actualmente en la empresa Clece SA, despues de una subrogación ilegal de los Servicios de Intervención familiar municipales. La convocatoria será de 11:00 a 13:00 horas.

Asimismo, el viernes 12, Read More

 

Concentración contra a represión á CGT en Correos

Logo CGT Correos buzonO venres, día 5 de abril, ás 9,30 horas, a CGT convoca unha concentración diante da Oficina Principal de Correos na Coruña en contra da represión que se está a producir aos afiliados e simpatizantes do sindicato.

Os compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña, levan moito tempo denunciando os continuos ataques que o servizo público postal está a sufrir por parte da dirección da SAE Correos. Nos últimos anos, Correos suprimiu 9.000 postos de traballo, argumentando unha suposta baixada do tráfico postal do 30 %, aínda que só foi capaz de xustificar un descenso do 7%. Pero a eliminación de postos de traballo é do 21%, claramente desproporcionada, sen ter en conta outras variables como a distancia,o número de vivendas, …

Agora, os traballadores e traballadoras postais da Coruña se atopan directamente ameazados pola perda de postos de traballo que a empresa tenta por en marcha a partir do vindeiro 15 de abril. A CGT xa ten manifestado a súa oposición a esta intención de suprimir 9 postos de traballo que afectará á UR2 de Os Mallos, denunciando tamén que esta merma se produce sen información e consulta previa aos traballadores e traballadoras. Ademais, rexeita a aplicación da mobilidade xeográfica recollida no Convenio, que levará á reubicación de dúas persoas en Arteixo. A CGT rexeitou hai xa dous anos a asinar un texto que amparaba estes ataques aos dereitos laborais, logo estendidos pola reforma laboral e o decreto 20/2012. Read More

 

Concentración contra os recortes en Monelos

O xoves, ás 11,30 horas, a CGT da Coruña convoca unha concentración, unitaria co resto de sindicatos, ás portas do Edificio da Xunta en Monelos, en protesta polos recortes e o desmantelamento dos servizos públicos.

Está prevista a continuación das concentracións en xoves alternos do mes de abril.

Sección Sindical da CGT na Xunta – A Coruña