A CGT da Coruña ten convocado, conxuntamente coa CUT, unha manifestación para o vindeiro Primeiro de Maio, que partirá da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.
«O 1º de Maio é o Día Internacional da clase traballadora, un día de loita da clase á que pertencemos, un día para sentirnos da mesma clase social, empregados ou non, xoves, pensionistas, emigrantes, estudantes, afectados polos desafiuzamentos, excluídos, despoxados … O 1º de Maio é un día para reivindicar nas rúas a defensa da nova sociedade que cremos, baseada na liberdade e na xustiza social.
Este 1º de Maio de 2013 é o quinto consecutivo que vivimos tras o estalido desta chamada crise do sistema capitalista provocada conscientemente polo poder, por políticos corruptos, polos ricos e especuladores donos da banca, da grande patronal, das multinacionais.
Conducíronnos a unha situación de emerxencia social. Crearon seis millóns de parados, rebaixaron os salarios, négannos o dereito ao traballo, a un convenio colectivo, recortan os gastos sociais, privatizan a sanidade, a educación, reducen a protección social, fannos pagar unha débeda ilexítima, privatizan as grandes empresas, os servizos públicos, rebaixan as pensións, todos os dereitos os converten en negocios … e todo isto grazas a unha clase política inmoral, corrupta, fieis axentes locais do capitalismo máis voraz e cobizoso. Read More