Concentración en defensa do tren público

concentración renfe 20.12O próximo venres, día 20 de decembro, ás 19:30 horas, a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e das Mariñas convoca unha nova concentración nos andéns da Estación de San Cristóbal na Coruña. O motivo é a protesta polo desmantelamento do ferrocarril e en demanda dun servizo público de trens social, de calidade e seguro.

A plataforma, da que forma parte a CGT, considera que as últimas medidas de troceamento das empresas ADIF e RENFE son un paso decisivo para a futura privatización e a desaparición do ferrocarril como servizo público.

 

Mobilizacións da CGT en Correos na Coruña

patadon_correosOs compañeiros e compañeiras da CGT en Correos na Coruña desenvolverán durante toda a semana diferentes accións reivindicativas co obxectivo de informar á cidadanía da actual situación do servizo público postal na cidade coruñesa, denunciando os recortes que se están a producir. No ano 2013 Correos reduciu na Coruña o número de prazas de reparto, chegando no día de hoxe xa a 17 prazas de repato perdidas na cidade

As accións comezan o luns 16 de decembro, ás 17 horas coa presentación pública da campaña nun acto informativo na AAVV de Monte Alto, no que se trasladará á veciñanza a preocupación da CGT pola redución das prazas asignadas para ese barrio. O día 17 de decembro, ás 9 horas terá lugar unha manifestación festiva diante da oficina principal de Correos na Coruña (UR1), na rúa de Alcalde Casás, e o mércores, día 18 de decembro haberá unha concentración, tamén ás 9 horas, na oficina da rúa de Vizcaia (UR2). Durante o resto da semana se sucederán accións no resto das oficinas, reparto de material informativo, …

Mais información no blogue da CGT en Correos na Coruña.

CGT en Correos na Coruña

 

Contra Mercadona

IlustraciónA CGT da Coruña convoca para o día 21 de decembro, sábado, unha concentración diante do Mercadona situado na Avenida de Fisterra, número 265, da cidade, ás 11:30 horas, e protesta polo despedimento do compañeiro Fran, afiliado da CGT de Málaga polo simple feito de intentar constituir a sección sindical.

Facemos un chamamento a todo o pobo traballador para que participe nas mobilizacións contra esta empresa, carcterizada por ser a patronal máis retrograda e cobizosa do país e polas súas prácticas mafiosas.

Máis información, picando aquí.

Comité Local da CGT da Coruña

 

CGT contra a mafia de Mercadona

A CGT de Pontevedra convoca, para o venres, día 20 de decembro, ás 19:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá de novo ante as portas de Mercadona este día. Read More

 

CGT Pontevedra, 10 D: Na defensa da sanidade pública

A CGT de Pontevedra-Arousa manifesta seu apoio e participa na manifestación "En Defensa da sanidade pública" que terá lugar en Pontevedra este 10 de decembro, con saída ás 20:00h, dende o Hospital Provincial. A CGT fai un chamamento a todos os seus afiliados e a toda a poboación de Pontevedra para sair á rúa e denunciar o desmantelamento e privatización dos servizos públicos, tamén os sanitarios. ¡A loita contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra – Arousa

 

Entre tebras … hipocrisía no Banco Santander

Concentra_BSantanderHai poucos días, UGT e CCOO convocaban concentracións nalgunhas das principais sucursais do Banco Santander, supostamente para enfrontar o ataque que a externalización e venta de servizos supoñen para os traballadores e traballadoras. Parecen non lembrar, aínda que nós sí, que estos ataques son froito da súa sinatura, xunto con FITC e STS, de acordos que recortaron os dereitos dos traballadores e traballadoras, deixándonos no desamparo fronte á empresa.

Esquecen que o ERE que firmaron supuxo o despedimento de centros de traballadores e traballadoras, como denunciou a CGT. Esquecen as condicións perdidas nas hipotecas, que a CGT levou aos tribunais. Esquecen a súa sinatura no acordo de fusión que tumbou o fondo asistencial. Esquecen o seu acordo co Estatuto do Delegado/a que ascendía as cúpulas sindicais.

Agora veñen a chamar á mobilización, sen tan sequera procurar a imprescindible unidade de acción e participación activa de todos os traballadores e traballadoras … só buscan unha foto, que oculte as súas vergoñas (que non son poucas) para, nas seguintes eleccións, voltar a pedir o voto.

Hai que deter os métodos traumáticos de reduccións de planteis, hai que parar os despedimentos, hai que parar a venta fraudulenta de departamentos a empresas externas … e para iso, para amosarlle á empresa a firmeza na defensa dos nosos dereitos, é necesaria a unidade de acción, a participación activa de todos e todas.

Sección Sindical da CGT no Grupo Santander

 

Concentración na Coruña en apoio á loita dos traballadores e traballadoras do ferrocarril

cartaz-4-decembro-a31A CGT da Coruña chama á participación de todos e todas na Concentración que terá lugar o vindeiro mércores 4 de decembro, ás 19.30 horas, nos andéns da Estación de San Cristovo da Coruña. Esta mobilización está convocada en apoio á loita das traballadoras e traballadores do ferrocarril e é impulsada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, da que a CGT forma parte.

Os traballadores e traballadoras do sector ferroviario están chamados á secundar dúas xornadas de Folga, os días 5 e 20 de decembro, contra a segregación de Renfe Operadora en catro sociedades anónimas e a división de ADIF en outras dúas, e contra a destrucción de emprego nas empresas ferroviarias. Estas mobilizacións están convocadas pola CGT e o SF.

 

 

CGT Pontevedra: 1 D, Manifestación pola sentenza do Prestige

CGT – Pontevedra, a Plataforma cidadá Nunca Mais e outras organizacións sindicais, sociais e políticas convocan en Pontevedra unha manifestación para o día 1 de decembro, en protesta pola burla e inxustiza que supón a sentenza do Prestige.
Sabemos moi ben que nunca xamais foron os xuíces nin os Tribunais de Xustiza quen de facer xustiza verdadeira, pero esta sentenza a máis de inxusta, ofende a dignidade de todas aquelas persoas que sofrimos e loitamos contra a marea negra do Prestige e os seus responsables. A manifestación sairá da Praza da Ferrería, ás 12 da mañán.

CGT-Pontevedra, Comité Local

 

Concentracións contra os despedimentos en Atento na Coruña: Rebélate contra o medo!!

Manifestacion AtentoO pasado venres Atento despediu de forma desprezable tres compañeiras do 1004, faltándolles ao respecto e á súa dignidade ao pretender xustificar o seu despedimento pola falta de vendas nos dous últimos meses.

Poñédevos na pel dunha compañeira que foi premiada pola empresa polas súas vendas e aos poucos días, estando de vacacións, se encontra cun burofax que lle comunica o seu despedimento disciplinario por non vender… Esquézete das vendas e imaxina que mañá che despiden a ti; porque transferiches máis chamadas das que debías, ou porque non ofreces produtos en todas as chamadas, ou porque o teu TMO é demasiado alto ou polas túas notas de calidade.

Atento sementa o pánico, lanza a mensaxe escollendo tres vítimas, sen que lle importen as circunstancias nin a indemnización que terán que pagar. O medo sempre é rendible, salvo que lles demostremos o contrario: non permitamos que prenda a súa mensaxe, defendámonos das súas agresións e abusos, sexamos solidarios e solidarias coas compañeiras e compañeiros á vez que nos fortalecemos entre todos e todas facendo fronte común. Saiamos á rúa a denunciar publicamente os ataques de Telefónica e Atento aos nosos dereitos. Fagamos unha protesta maioritaria para amosarlles que non nos van achicar nin oprimir coas súas agresións e desprezos. Fagámoslles fronte. Entre todos e todas.

Animamos a todos os traballadores e traballadoras a participaren nas concentracións convocadas polo comité de empresa mañá, 28 de novembro, ás 12 e ás 20 horas.

CONTRA A SÚA POLÍTICA DO MEDO, POLA DIGNIDADE NO NOSO TRABALLO.
SE TOCAN A UN, SE TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODOS E TODAS.

Sección Sindical de CGT en Atento na Coruña