A CGT reclama á Audiencia celeridade no auto de Alfageme

Onte, 5 de xuño, baixo unha intensa chuvia, unha veintena de traballadoras da fábrica de Vilaxoán da conserveira Alfageme e militantes da CGT concentraronse diante da Audiencia Provincial, en Pontevedra, para que se axilice ó máximo a resolución xudicial pendente e, deste xeito, se permita desbloquear o proceso de subasta definitiva das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia para ser adquiridas polo grupo "El Consorcio", nos termos xa pactados ca CGT e as traballadoras: continuidade da actividade conserveira en ambas factorías e o mantemento dos postos de traballo, con todos os seus dereitos, da plantilla de Alfageme na Arousa". Read More

 

Concentracións na Coruña e Ferrol en defensa dun ferrocarril público e social

Ante as intencións liberalizadoras ou privatizadoras do sector ferroviario, os Comités de Empresa de Adif, Renfe e Feve da Coruña, dos que forma parte a CGT, comenzan un proceso mobilizador en defensa do ferrocarril como servizo público e social.

O vindeiro martes, 5 de xuño, están convocadas concentracións ás 11 horas nas estacións de San Cristobal, na cidade da Coruña, e de Ferrol.

Read More