Ás doce do mediodía, diante do Obelisco, concentrámonos unha treintena de persoas para reclamar a inmediata posta en liberdade da compañeira Laura Gómez, da CGT da Coruña. Laura, detida inxustamente o pasado 25 de abril, segue en prisión incondicional sen fianza, por ter participado nas mobilizacións da Folga Xeral do pasado 29 de marzo.
Ao remate da concentración se deu lectura a un manifesto da CGT da Coruña pola liberdade de Laura e a carta que a propia Laura dirixiu aos seus familiares, amigos e compañeiros o pasado Primeiro de Maio. A continuación se deu entrada por rexistro na Subdelegación do Goberno dun escrito do SOV da CGT da Coruña reclamando a posta en liberdade da compañeira presa.