Na asemblea celebrada onte, 30 de maio, na sede de CGT-Arousa, as traballadoras de Alfageme decidiron concentrarse o próximo martes, día 5 de xuño, ás 12 do mediodía, diante da Audiencia Provincial de Pontevedra. Read More
Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña
O vindeiro domingo, día 3 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901
Charla sobre objeción fiscal
El próximo jueves 31 de mayo tendrá lugar una charla sobre objeción fiscal en la declaración de la renta, a los gastos militares, en el local de CGT Vigo a las 20:30 h.
Organiza el Espazo Aberto Antimilitar: CGT, GAS y Ateneo Libertario de Vigo
A compañeira Laura foi posta en liberdade
A nosa compañeira Laura Gómez ten sido este serán posta en liberdade. Logo dunha intensa campaña de solidariedade con multitude de mobilizacións en todo o mundo en esixencia da súa liberación, a nosa compañeira se encontra xa en liberdade e na compañía dos seus familiares, amistades e compañeiros e compañeiras que a recibiron á porta da cadea de Wad-Rass.
A posta en liberdade da compañeira foi decretada pola xuiza cunha inxusta fianza de 6000 euros que Laura e maila CGT de Barcelona teñen decidido cubrir.
Por todo isto, a CGT da Coruña suspende a concentración que estaba prevista para o vindeiro sábado, 19 de maio, ás 12 do mediodía no Obelisco. As mobilizacións da CGT en solidariedade coa compañeira Laura se reanudarán unha vez coñecidas as datas do xuizo ata conseguir a liberdade total, incondicional e sen cargos da nosa compañeira.
La CGT, movilizada, saca a Laura de la cárcel
Comunicado de la CGT de Pontevedra: Gracias a la intensa movilización llevada a cabo por la CGT en todo el estado español y en ámbitos internacionales, exigiendo la excarcelación inmediata de Laura Gómez, nuestra compañera, Secretaria de organización de la CGT de Barcelona, será puesta en libertad a lo largo del día de hoy, 17 de mayo. Read More
Manifestación Unitaria 19 de Mayo. Solidaridad con Laura Gómez
O vindeiro sábado día 19 ás 12:00 terá lugar unha manifestación en Pontevevedra en solidaridade coa compañeira Laura Gómez a saída será dende a subdelegación de goberno de Pontevedra.
Posteriormente haberá un mitin ás 13.00 na Praza de Curros Enríquez.
A CGT gaña as eleccións sindicais en Eurocen e Zara Loxística na Coruña
As candidaturas da CGT foron as listas mais votadas nas eleccións sindicais que onte se celebraron tanto na empresa do sector do telemarketing Eurocen como en Zara Loxísitica do grupo Inditex, dúas das maiores empresas da cidade.
Na empresa Eurocen, do sector do telemarketing, a lista da CGT foi a candidatura mais votada, obtendo tamén o maior número de delegados, con 8 delegados. Tamén se celebraron votacións para a elección dos membros do comité de empresa de Zara Loxística do Grupo Inditex. Tamén neste caso, a candidatura da CGT foi a lista que obtivo un maior apoio entre os traballadores e traballadoras, resultando elixidos 7 delegados.
Estes resultados amosan o crecemento do apoio entre a clase traballadora a unha acción sindical que enfronta con firmeza os ataques do capital e dos gobernos. Os traballadores e traballadoras teñen apostado con forza pola CGT e por un modelo sindical distinto que, dende o seu carácter asembleario e combativo, seguirá a traballar na defensa dos dereitos da clase obreira apostando pola autoxestión e a solidariedade.
Manifestación pola liberdade de Laura
A CGT de Pontevedra convoca unha manifestación para esixir a inmediata posta en liberdade da nosa compañeira Laura Gómez, secretaria de organización da CGT de Barcelona, que permanece encadeada inxustamente, baixo falsas acusacións, pola súa participación na Folga Xeral do pasado 29 de marzo. A manifestación terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de maio, ás 12:00, con saida dende a Subdelegación do Goberno, na Alameda, trala entrega das firmas de solidariedade con Laura recollidas en Vigo e Pontevedra nos últimos días. Para difundir a convocatoria da manifestación organizaránse, antre outras accións, sendos «Puntos de Información da CGT-Pro Laura Gómez», na Praza da Peregrina, o xoves 17 de maio, ás 12:00 h e o venres, 18 de maio, ás 19,30 h.
CGT-Pontevedra
Nova concentración na Coruña pola liberdade de Laura
A CGT da Coruña convoca unha nova concentración para esixir a inmediata posta en liberdade da nosa compañeira Laura Gómez, secretaria de organización da CGT de Barcelona, que permanece encadeada inxustamente, baixo falsas acusacións, pola súa participación na Folga Xeral do pasado 29 de marzo. A concentración terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de maio, ás 12:00, no Obelisco da Coruña.
Concentración en Vigo en Solidaridad con la compañera Laura Gómez
El pasado jueves 10 de Mayo a las 20.00 tuvo lugar en Vigo, Frente al Museo Marco de Vigo, una concentración en solidaridad con Laura Gómez.
Dicha concentración fue acompañada de una recogida de firmas entre los viandantes en la calle del príncipe, donde se sitúa el Marco.
Read More