A CGT segue en loita contra as abusivas reduccións de xornada no servizo CAT ADSL da empresa do telemarketing Atento no seu centro da Coruña e chama á participación activa nas concentracións se teñen convocado diante da entrada do centro de traballo, na rúa Enrique Dequidt, o martes 3 de abril ás 11 e ás 19 horas.
Victoria da solidariedade en Zara Loxística
Logo de bastante tempo de empeoramento da calidade no servizo de comedor, o Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, trasladou as queixas dos traballadores e traballadoras aos responsables da empresa concesionaria (Eurest), pero días despois foron despedidas dúas traballadoras do comedor alegando graves mentiras, en realidade se trataba dunha indigna represalia porque as dúas compañeiras estaban reclamando melloras no insufrible calendario que a empresa lles impuxera.
Ante esta situación, convocouse unha «folga de comedor», chamando a tódolos traballadores e traballadoras a non facer uso deste servizo ata a lograr a readmisión das dúas compañeiras despedidas. Pouco despois, grazas á unión de todos e cun seguimento case total, as dúas traballadoras foron readmitidas e Eurest comprometeuse á mellora do servizo.