29 M: Folga Xeral e manifestación

A asemblea de CGT-Pontevedra, celebrada o pasado 19 acordou a convocatoria e celebración de Manifestación o 29 de marzo, con motivo da Folga Xeral pola derogación da Reforma Laboral e a recuperación dos dereitos económicos, sociais e sindicais abolidos por esta Reforma e as anteriores. A manifestación sairá ás 13:00h da Plaza da Ferrería. Read More

 

29 de marzo, FOLGA XERAL!

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia convoca Folga Xeral o 29 de marzo de 2012 para defender os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora fronte á brutal agresión que estamos a sufrir.
O goberno, como os anteriores, actúa, con absoluta desvergoña e cinismo, como axente local e garante dos intereses do capitalismo internacional, europeo e nacional máis destructivo, poñendo a súa disposición todo o aparato do Estado e o monopolio da violencia que vai exercer.
Coas súas decisións -Decreto da Reforma Laboral, recorte nos gastos sociais e inversións públicas, ameaza ós servicios sociais básicos, reduccións salariais, desmerecemento da negociación colectiva, etc- amosan que solo os move o afán de perpetuar o inxusto réxime económico e político no que os ricos fanse cada día máis ricos a costa de expandir o paro, a pobreza e a desolación por todas partes. Read More

 

CGT da Coruña apoia a manifestación de A Coruña en Loita para o 25 de marzo.

A CGT da Coruña apoia a manifestación que ten convocado a Coordinaroa «A Coruña en Loita» para o vindeiro domingo 25 de marzo, as 12:00 con salida do Obelisco ata a plaza de Maria Pita.
Esta convocatoria ten por obxeto «a movilización dos traballadores e traballadoras da comarca da Coruña para denunciar as medidas anti-populares coas que o goberno reaccionario do Partido Popular quere facer que á crise economica capitalista a pague a clase obreira e o pobo traballador. Temos que dar unha poderosa resposta de unidade e loita contra os despidos na Torre de Hercules, en Sykes e Atento e outras empresas do telemarqueting ou na Sanidade e administración, no metal. Só si temos conciencia que á loita decidida, polos nosos intereses de clase, é o unico camiño para derrotar á patronal e seus negros sonos de deixar sin dereitos aos traballadores e traballadoras».

Dende a CGT da Coruña animamos a tódolos nosos afiliados e afiliadas a participar nesta manifestación, preparando o camiño para o éxito da Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de marzo.

 

 

Atento y Telefónica tratan como mercancía a sus trabajadores: reducción de jornada a 180 trabajadores en Atento Coruña.

La CGT denuncia la agresión injustificada a los derechos de 180 trabajadores del servicio técnico de ADSL a los que la empresa Atento pretende reducir hasta 5 horas semanales sus jornadas de trabajo, amparándose en una supuesta reducción de llamadas; lo que puede suponer una bajada salarial de unos cien euros en unas nóminas ya de por sí precarias que no llegan a los 800 euros al mes.

Read More

 

Continúan as mobilizacións en Sykes

As mobilizacións contra do cuarto ERE no centro da empresa do telemarketing Sykes Entreprises na Coruña continúan coa participación da CGT.

Os traballadores e traballadoras están convocados a secundar paros o xoves, 15  e o mércores, 21 de marzo, nos seguintes horarios: de 11 a 12 horas e de 17 a 18 horas. Trátase de evitar unha nova perda de postos de traballo en Sykes, esixindo a Telefónica a asunción da súa responsabilidade mediante a subrogación dos afectados por este novo ERE. Os traballadores no telemarketing non somos mercancía !

 

Mobilización da plantilla de Alfageme

O próximo xoves, 8 de marzo, ás 11:30 horas, terá lugar unha concentración de traballadoras da empresa conserveira ALFAGEME, da comarca de Arousa, diante do edificio do Banco Popular, no Cantón Grande, número 5, da Coruña. O motivo da concentración e esixir o desbloqueo da situación da empresa ante o Xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, coa sinatura, por parte da Banca e da Xunta de Galicia dun documento coas garantías suficientes para que o cadro de persoal se incorpore inmediatamente aos seus postos en Vilaxoán e Rubadumia nas condicións pactadas co Consorcio, o grupo conserveiro cántabro interesado en poñer en marcha a produción nas dúas factorías.

 

CGT Pontevedra: 29 M, Folga Xeral

A CGT de Pontevedra, reunida en asamblea xeral o 5 de marzo, acorda: 1. Promover a convocatoria -xa anunciada, presentada e convocada formalmente pola CGT de Galicia, CIG, CNT e CUT – dunha Folga Xeral o 29 de marzo, para pór fin ás continuas agresións que estamos a sufrir os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do anterior e actual goberno. En particular, contra a última Reforma Laboral (xa en vigor), os recortes en servicios sociais básicos, a persistencia de máis de cinco millóns de traballadores en paro e a ameaza, xa executada sobre millóns de familias, de condenar a pobreza e a exclusión a case un terzo da poboación nacional e emigrante no noso país. Read More

 

Convocada Folga Xeral

A CGT de Galicia, conxuntamente coas organizacións sindicais CIG, CNT e CUT, presentaron hoxe, 2 de marzo, a convocatoria formal de Folga Xeral para o 29 de marzo. O acto unitario tivo por escenario o rexistro xeral da Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia, en Santiago. No curso deste, os secretarios xerais dos catro sindicatos, exhibiron ante os medios de comunicación presentes, a decisión colectiva de impulsar a mobilización dos traballadores durante todo o mes de marzo pola Folga Xeral e ata que logremos tombar a Reforma Laboral.