Convocada Asemblea Xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, o vindeiro mércores 29 de xuño ás 19:00, no local sindical (Rúa Urzáiz 73 entrechán dta.).
Folga en Unísono
A empresa anuncia a aplicación dun novo artigo 17 na campaña de Orange, que suporía o despedimento de 40 traballadores/as de Unísono Vigo e 3 de Unisono Madrid que estarían na rúa o vindeiro día 26 de xuño.
Convócase folga o 24 de Xuño nas quendas de mañá, de 11:00 a 12:00, e de tarde, de 17:00 a 18:00. Haberá concentracións, polo tanto, diante da porta dos centros de Unisono Vigo (Gran Vía 104 e 110) nese mesmo horario.
Chámase á participación de todas as seccións sindicais, afiliación e simpatizantes para o apoio nesta loita.
Que ningún despido quede sen resposta!
Renfe condenada a indemnizar a CGT por vulneración do dereito á folga
A empresa pública RENFE-Operadora foi condenada por vulnerar o dereito de folga dun traballador de RENFE-Operadora, ao substituílo por outro traballador durante a Folga Xeral que C.G.T.-Galiza convocou contra a reforma das pensións o pasado 27 de Xaneiro.
O Xulgado do Social Nº4 de Vigo recoñeceu como feito probado que durante a citada Folga Xeral, RENFE ordenou substituír a Carlos, maquinista de Vigo afiliado á CGT que secundou a folga, con outro
Ofrendas florais
Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.
A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.
CGT entra con forza en Povisa
A candidatura anarcosindicalista sitúase en terceira posición nas eleccións sindicais celebradas o 19 de Maio, acadando 4 delegad@s
Read More
A Asemblea do SOV-Coruña, 2ª parte
En réxime de autoconvocatoria, o SOV da Coruña continuará a Asemblea Xeral para debater a Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia próximo, o mércores, día 18, ás 19 horas.
Asemblea da CGT de Pontevedra
O luns, 23 de maio, ás 20:00 horas. A CGT de Pontevedra fará unha Asemblea Xeral para tratar a orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno de Confederacións Territoriais da CGT que se vai celebrar en Alicante. Os libros de ponencias do Pleno de Alicante están no local de Pontevedra e Vilagarcía a disposición de todos os afiliados.
CGT – Pontevedra
Asemblea da CGT da Coruña
O venres, 13 de maio, ás 19.00 horas, a CGT da Coruña fará unha Asemblea Xeral de afiliados na que se debatirá e a orde do día do Pleno de Sindicatos que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno Confederal de Alicante do mes de xuño.
1º de Maio en Vigo
Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.
A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora
Mobilización de CGT o 1º de Maio en Vilagarcía
Casi un centenar de persoas participaron onte na manifestación convocada por CGT para este 1º de Maio en Vilagarcía. Encabezados pola pancarta "Contra a política económica e social do goberno … a loita continúa" os manifestantes recorreron as rúas de Vilagarcía, dende a Praza Ravella ata a Praza de Galicia, onde o Secretario da comarcal de Pontevedra e Arousa pechou o acto reivindicativo cun mitin sobre o significado na actualidade -temporal e xeográfica- desta data de solidariedade e mobilización obreira internacional.
CGT-Arousa