A CGT da Coruña publica, cara a xornada de loita do próximo 29 de setembro, o seguinte manifesto:
Hai un ano, o 29 de setembro de 2010, todos os sindicatos de clase convocamos unha Folga Xeral en protesta polos plans do goberno de facer unha nova reforma laboral que atentaba contra os dereitos básicos dos traballadores. En Galicia, os sindicatos combativos convocamos outra Folga Xeral, en coincidencia con outras convocadas noutros territorios, o 27 de xaneiro pasado. Aquelas folgas xerais non servi-ron para parar a agresión do capitalismo máis salvaxe ás conquistas de máis de 100 anos de loita obreira; ao contrario, aquela agresión non era máis que o comezo dunha estratexia que aínda non chegou ao seu remate. Read More