Ofrendas florais

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.

 

 

 

Asemblea da CGT de Pontevedra

O luns, 23 de maio, ás 20:00 horas. A CGT de Pontevedra fará unha Asemblea Xeral para tratar a orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno de Confederacións Territoriais da CGT que se vai celebrar en Alicante. Os libros de ponencias do Pleno de Alicante están no local de Pontevedra e Vilagarcía a disposición de todos os afiliados.

CGT – Pontevedra

 

 

1º de Maio en Vigo

Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

Read More

 

Mobilización de CGT o 1º de Maio en Vilagarcía

Casi un centenar de persoas participaron onte na manifestación convocada por CGT para este 1º de Maio en Vilagarcía. Encabezados pola pancarta "Contra a política económica e social do goberno … a loita continúa" os manifestantes recorreron as rúas de Vilagarcía, dende a Praza Ravella ata a Praza de Galicia, onde o Secretario da comarcal de Pontevedra e Arousa pechou o acto reivindicativo cun mitin sobre o significado na actualidade -temporal e xeográfica- desta data de solidariedade e mobilización obreira internacional.

CGT-Arousa

 

1º de maio na Coruña

Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema «Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión», uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

«Comisións, UXT, sindicatos do poder», «Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión», «Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira», «Obreiro despedido, patrón colgado», «Obreira despedida, patrón colgado«, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse «A las barricadas» e «A Internacional», e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.