Como todos/as sabedes o día 29 de setembro está convocada unha Folga Xeral, CGT foi o primeiro sindicato en presentar a convocatoria, coincidente coa que días despois fixeron os sindicatos maioritarios. CGT leva máis de dous anos nunha campaña encamiñada a convocatoria dunha Folga Xeral, non obstante tamén sabemos que esta folga, a folga do 29 está concebida polos maioritarios como unha «lavada de cara», xa que non é lóxico convocar unha Folga Xeral contra unha lei aprobada, ¿porque agardar a que se aprobe?.
Asemblea da CGT da Coruña
Co punto único na Orde do Día de tomar acordos sobre a Folga Xeral convocada pola CGT para o próximo 29 de setembro, a CGT da Coruña celebrará unha Asemblea Xeral o próximo mércores, día 8, ás 19:30 horas, nos locais do sindicato.