A Asamblea do SOV da CGT da Coruña reunida o pasado venres, 5 de febreiro, non puido rematar o debate de tódolos puntos da Orde do Día nun tempo razoable , polo que decidiu autoconvocarse para continuar o debate dos puntos que ficaron sen tratar nunha nova sesión que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, a partir das 19 horas.
Asembleia Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios de Vigo.
Na Plenaria do Comité Confederal de Galicia da CGT do 12 de decembro de 2.009 acordouse a convocatoria do Pleno de Sindicatos ( máximo órgano de decisión da CGT de Galicia) para os días 20 e 21 de Febreiro en Pontevedra. Según os nosos estatutos é preceptivo a celebración dunha asemblea do noso sindicato para poder asistir con acordos a este Pleno.
Asamblea CGT-Pontevedra
Neste mes de febreiro, días 20 e 21, terá lugar no local de CGT-Pontevedra, o Pleno de Sindicatos de CGT-Galicia que, entre outras cuestións, abordará a mobilización posible en Galicia cara a Folga Xeral que tenta promover a CGT en todo o seu ámbito.