A CGT da Coruña acudirá á manifestación contra o pensionazo

A CGT da Coruña decidiu asistir á manifestación que sairá, ás 8 da tarde, da Praza da Palloza da Coruña, o próximo 2 de marzo, convocada por CC.OO.-UGT. A CGT reivindicará así a paralización da reforma das pensións e a necesidade dunha Folga Xeral que poña freo ás agresións que sufre a clase traballadora.

O texto que se repartirá na manifestación é o seguinte: Read More

 

8 de Marzo Día da Muller Traballadora:

O Sindicato de Oficios Varios e o Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo convocamos aos nosos afiliados/as á manifestación que con motivo do Día da Muller Traballadora terá lugar o luns dia 8 ás 20:00 horas dende a Praza de Portugal á Porta do Sol.

Agardamos a vosa participación.

Secretarías da Muller do SOV de Vigo e SLM de Vigo.

 

 

 

 

Expediente al compañero Rodrigo

Este martes (de carnaval para más señas), 16 de febrero, se realizó la concentración ante el Ministerio del Interior, en Madrid.

Una treintena de compañeras y compañeros denunciaron públicamente y protestaron contra esta represión. Se hizo entrega de las 583 firmas recogidas en la Administración del Estado en Pontevedra y dirigidas al Subsecretario de Interior. Read More

 

Continuan as mobilizacións dos traballadores de Sykes na Coruña

A Sección Sindical da CGT en Sykes segue a chamar á activa participación de todos e todas nas mobilizacións convocadas en protesta pola intención desta empresa do telemarketing de despedir a mais de 300 traballadores .

O vindeiro martes, 23 de febreiro, están convocados paros en cada quenda de traballo e concentracións diante da entrada da empresa ás 12 e ás 18 horas.

 

 

 

Mobilizacións en Sykes pola perda de postos de traballo

A Sección Sindical da CGT en Sykes apoia e chama a participar activamente en tódalas mobilizacións convocadas en protesta pola perda de mais de 300 postos de traballo como pretende a empresa. Onte, deron inicio estas mobilizacións cun paro dunha hora en cada quenda de traballo e unha concentración de preto de 100 persoas ás portas de Sykes.
Unha vez rotas as negociacións coa empresa por parte doutras organizacións, a Sección Sindical de CGT defenderá, como ben facendo, o establecemento dun calendario de mobilizacións unitario por parte de tódalas centrais sindicais. Ademais a CGT en Sykes reclama á Inspección de Traballo que interveña no conflicto en resposta á denuncia presentada.
Polo de agora, os vindeiros paros e concentracións convocados son:
o luns, 15 de febreiro de 12:00 a 12:30,  e de 18:00 a 18:30; e o martes, 23 de febreiro, 12:00 a 12:30 e de 18:00 a 18:30.

Mais información en CGT en Sykes Coruña