A CGT de Pontevedra convocou a tódolos sindicatos, asociacións e entidades do movemento social a unha xuntanza co obxectivo de facer unha convocatoria unitaria de manifestación en Pontevedra por Palestina.
A xuntanza tivo lugar o día 7 xaneiro no salón de actos do edificio sindical, asistindo todos os sindicatos (CCOO, CIG, CNT e UGT, ademais da convocante CGT) e as asociacións Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras de Pontevedra, Asociación pola defensa da ría (APDR), Briga, Federación de veciños Teucro, Redes Escarlata e Verbo Xido de Terra de Montes. Read More