2ª Asemblea Xeral da CGT-Pontevedra

O vindiero día 25 de maio, ás 19.30h, na sede de c/ Pasantería (Pontevedra), terá lugar unha nova Asemblea Xeral da CGT de Ponteveda e Vilagarcía, para continuar o debate da Orde do Día do XVI Congreso da CGT, que se celebrará en Málaga os días 4, 5, 6 e 7 de xuño.
Nesta ocasión trataranse os puntos 5 e 6 da Orde do Día, referidos a proposta da CGT para construir un modelo social alternativo libertario e aspectos concretos dos estatutos da CGT.

 

 

Xuntanza da Rede Anticapitalista en Pontevedra

As persoas e grupos sociais que, como a CGT de Pontevedra, integran a Rede Anticapitalista na cidade de Pontevedra celebrarán unha nova xuntanza ó mércores, día 27 de maio, ás 20:30h, no Salón de actos do edificio sindical, en c/ Pasantería, baixo. Trátase de impulsar a presencia da Rede na cidade e comarca, establecer liñas de actuación prioritarias e, si é posible, definir calendario de actuacións.
O Comité CGT-Pontevedra

 

 

A manifestación da CGT na Coruña

Cabeceira da manifestaciónUn poco despóis das 12 do mediodía, un cento de persoas convocadas pola CGT iniciou a manifestación desde a Praza de Pontevedra, na Coruña.

A manifestación iba encabezada por unha pancarta que, en grandes tipos, tiña como lema «Folga Xeral» e recorreu diversas rúas do centro urbano, como as de San Andrés, Nova, Real, Barrera e Pontejos, rematando, á unha da tarde, na Praza do Humor.

Durante o percorrido, botáronse berros contra o capital, os despidos e o paro, así como cántigas e consignas chamando á Folga Xeral.

No remate, o secretario de comunicación da CGT coruñesa fixo unha exposición dos motivos que nos levan a chamar ao resto de traballadores a unha Folga Xeral, estando os catro millóns de parados, os EREs e a malchamada crise capitalista na orixe da necesidade imprescindible da súa convocatoria.