O primeiro de maio, a CGT da Coruña ten convocada unha manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra. Con ese motivo, a CGT da Coruña ven de publicar o manifiesto que se reproduce a continuación:
«Dignidade, organización e loita
Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña está novamente na rúa. O agravamento da situación laboral dos traballadores é palpable ante a indiferenza dos chamados responsables políticos e o enriquecemento continuo dunha patronal insaciable. Nunca a banca e a patronal se gabou de ter tantos beneficios como agora e a situación das familias traballadoras hai moitos anos que non era tan dramática. Read More