REPRESIÓN SINDICAL EN CONYCASE-PARKING NUARIA

A concesionaria despide a unha afiliada a CGT e expedienta a outros dous

A finais do mes de agosto comezaba a facerse patente unha campaña dirixida á eliminación da sección sindical da CGT en CONYCASE, unha empresa integrada dentro do grupo NUARIA. Actualmente, Conycase é a empresa concesionaria de tres parkings subterráneos na cidade de Vigo (Pza. de Fernado «El Católico», Rúa Coruña e Rúa Venezuela).

O grupo empresarial Nuaria, ou o que queda del, (tan so duas empresas das sete que o integraban) é propiedade do famoso empresario Manuel Núñez Arias. Como se lembrará este empresario saltou aos medios de comunicación de todo o estado a finais de 2007 cando foi detido pola Garda Civil na chamada Operación Tótem contra as mafias inmobiliarias no concello de Totana, en Murcia. De feito, a operación urbanística na que está implicado foi definida por un concelleiro de Totana como «unha recualificación masiva, salvace e a dedo», poñendo de manifiesto que «viu acompañada dunha serie de centos de contratos de compra venda que se estaban facendo a través de intermediarios e unha política de presións e ameazas», non dudando de cualificala como, «máis parecida ás tácticas mafiosas que ás da España democrática do século XXI».

Pois ben, agora este empresario modelo parece estar empeñado na venda de CONYCASE e para que os ingresos por esta venda sexan máis suculentos élle imprescindible que se produza libre de traballadores.

Hai que lembrar que grazas á acción da Confederación (dende hai máis de 8 anos e ata o mes de agosto o delegado de persoal era afiliado á CGT), as condicións laborais dentro da empresa eran as mellores dentro do sector na nosa cidade (subrogación de traballadores en caso de venda, escasa eventualidade, imposibilidade de contratación de subcontratas no persoal). Read More

 

Movilizaciones contra la represión sindical en Telefónica

CGT convoca a todos sus afiliados a participar en las concentraciones que ante las Sede de Telefónicad en Vigo (C/ Urzáiz, 3) tendrán lugar todos los jueves a las 14h.
El motivo de esta convocatoria es protestar contra la represión en Telefónica donde se ha expedientado a nueve conocidos sindicalistas de la empresa (5 trabajadores han sido despedidos y 4 sancionados con 45 días sin empleo y sueldo). Todos ellos son destacados sindicalistas de un total de cuatro sindicatos (uno de ellos CGT) y todos son miembros del comité o delegados sindicales.
Para más información pincha en el siguiente vínculo: http://www.cgt.org.es/spip.php?article1015