Videos da carga policial contra traballadores e traballadoras concentrados frente ATENTO na Coruña

Carga PolicialNa rede xa hai imaxes da carga policial de onte pola mañá durante a concentración de traballadores e traballadoras en protesta polos 179 despidos da empresa de telemarketing Atento na Coruña.

Podedes visionalas nas seguintes ligazóns:

 

 

Convocatoria Urxente: Asambleas de Traballadores e Traballadoras de ATENTO

Tanto mañá venres como o vindeiro sábado se celebrarán Asambleas de Traballadores e Traballadoras de Atento co gallo das movilizacións contra os 179 despidos de compañeiros e compañeiras no centro de traballo da Coruña.

Se celebrarán no Centro Social de Os Maios, nos seguintes horarios:

De 11 a 13 horas.

De 19 a 21 horas.

ACUDIDE

 

 

Carga policial contra a concentración de traballadores en protesta polos despidos en ATENTO

O Comité de Empresa de Atento convocara para hoxe ás 11 da mañá unha concentración diante da sé da empresa para protestar polos 179 despidos no servicio 1004 que comunicara a empresa onte. Varios centos de traballadores e traballadoras secundaron a convocatoria cortando o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, reclamando a readmisión inmediata dos compañeiros e compañeiras despedidas. Unha forte presencia policial tentou retirar aos traballadores e reabrir o tráfico, ante a resistencia pasiva dos concentrados que ao grito de «mais traballo, e menos policía» ou «Atento despide, Telefónica culpable» permanecían concentrados. Nese momento comenzou unha carga policial con empuxóns, golpes, porrazos, … que remataron con varios dos concentrados fortemente magullados e algúns con feridas abertas.

 

 

ATENTO despide a 179 traballadores e traballadoras na Coruña

Hoxe, a empresa de telemarketing Atento despediu a 179 traballadores do servicio 1004 no seu centro de traballo da Coruña. Trátase dun paso mais de Atento, empresa do grupo Telefónica, a sumar ós despidos de 90 traballadores en Valencia e 29 traballadores mais en Córdoba. Todos eles son as principais víctimas da política deslocalizadora de Atento, que está a levar a carga de traballo cara paises latinoamericanos con menores salarios e condiciones laborais. Por esa razón, esta misma tarde ás 20 horas tivo lugar unha concentración de centos de traballadores e traballadoras diante da sé de Atento que cortou o tráfico no centro da cidade e que permaneceu durante case 2 horas.

Read More