La CGT rechaza la negociación a espaldas de los trabajadores de ATENTO

Ante las noticias difundidas a lo largo de esta semana en diversos medios de comunicación sobre la posible apertura de un expediente de regulación de empleo (ERE) en la empresa Atento España, la CGT quiere aclarar que la empresa no ha comunicado a los sindicatos el inicio de ningún procedimiento de despido colectivo, ni en el centro de trabajo de Coruña ni en el resto del Estado. Read More

 

 

O documental «Patagonia, utopía libertaria», na Coruña

Dentro das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20 – Paseo Marítimo), mañá mércores 11 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do filme documental "Patagonia, utopía libertaria" coa presencia do director do mesmo, Xan Leira. Read More

 

 

Actuación do Coro Libertario na Coruña

Dentro dos actos que a CGT ten programados nas "Xornadas pola Recuperación da Memoria Libertaria", mañá xoves, día 5, as 19,30 horas, no auditorio da Fundación Rodríguez Iglesias, terá lugar a actuación do Coro Libertario do Ateneo Libertario de Vigo.

 A súa actuación consistirá na interpretación de diversas cancións de tradición anarquista e obreira de diferentes países.

 

 

A CGT entra con forza na delegación coruñesa do INE

Xa se informaba nesta web da constitución hai algúns meses da Sección Sindical da CGT da Coruña no INE.
Hoxe, venres 30 de marzo, tiveron lugar as eleizóns sindicais no centro, e por vez primeira presentábase unha candidatura da CGT. Os resultados son excelentes, pois no proceso electoral con mais participación das celebradas no INE, a CGT resultou a segunda organización sindical con mais respaldo, obtendo un delegado no Comité de Empresa.

 

A CGT mantén a súa representación no comité de empresa provincial de Telefónica na Coruña.

Nas eleizóns sindicais celebradas o pasado 29 de marzo, a candidatura de CGT mantivo a representación coa que xa contaba no comité provincial de Telefónica da Coruña, cun delegado, a pesares da reducción de plantilla que se veu producindo e a pesares tamén da irrupción de candidaturas específicas de Telefónica.

Pódense consultar tódolos datos por provincias na páxina web do Sindicato Federal de Telefónica de CGT.