A CGT da Coruña está a distribuir o material editado pola organización e que se refire á precariedade na contratación laboral. Pegatinas e folletos xa se están repartindo nos centros de traballo, así como xa se están a colocar os cartaces nos taboleiros de anuncios.
Desde a CGT reivindicamos unhas políticas laborais e sociais igualitarias e un reparto do traballo e a riqueza de xeito que se satisfagan as necesidades do conxunto da poboación.