O Comité de Empresa de Atento na Coruña convocou de forma urxente unha concentración, ás 11 horas, diante da entrada da empresa na rúa de Juan Florez, para protestar polo despido de 179 traballadores e traballadoras do servicio 1004.
Varios centos de traballadores e traballadoras se concentran diante de Atento en protesta polos despidos
No día de hoxe, tanto pola mañá como polo serán, varios centos de traballadores e traballadoras de Atento concentráronse diante da sede da empresa na Coruña para protestar polos recentes despidos.
A CGT da Coruña, no Portiño
A CGT da Coruña apoia o acto convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para recorda-la fuga do Portiño, feito que tivo lugar hai 70 anos.
O acto terá lugar no peirao do Portiño o venres, día 9, ás 19:30 horas e forma parte dos actos que a Comisión para a recuperación da memoria arrebatada polo fascismo.
A CGT coruñesa asinou, con outras organización, unha taboa de peticións para presentar no concello da Coruña, na que se pide, entre outras cousas a eliminación do noménclator franquista, así como a retirada dos homenaxes e nomeamentos que ó dictador Franco lle fixo o concello fascista.
CGT da Coruña.
Concentraciones en Atento – Coruña
Ante os despidos que se veñen producindo na empresa Atento no seu centro de traballo da Coruña, o comité de empresa convoca a tódolos traballadoras e traballadores a facer concentracións diante da empresa, sita na rúa Juan Flórez da Coruña.
Estas concentracións están apoiadas firmememte pola CGT, e terán lugar o próximo luns, día 12, ás 12 do mediodía e ás 8 do serán.
Sección Sindical de CGT-Atento.
A pesar das dificultades, a CGT obtén bos resultados nas eleccións sindicais en RENFE – Operadora e ADIF
Onte se celebraron as primeiras eleccións sindicais nas dúas empresas en que se dividiu a antiga RENFE, ADIF e RENFE – Operadora.
A pesar das dificultades derivadas da propia segregación de RENFE en dúas empresas, a existencia de distintos sindicatos corporativos, …, os compañeiros e compañeiras ferroviarios de CGT conseguiron manter os seus anteriores resultados, conservando os delegados que xa tiñan en ambalasdúas empresas.