Os sindicatos CGT, CNT, CC.OO, UGT e SGTS chegaron o 18 de abril ó acordo de convocar no 1º de Maio en Pontevedra unha única manifestación conxunta, con cabeceira unitaria, baixo o lema: "Queren acabar con todo. Derogación da Reforma Laboral". Deste acordo autoesclúiuse o sindicato CIG.
O pasado 3 de abril a CGT de Pontevedra remitiu un escrito ós secretarios locais de CC.OO, CIG, CNT e UGT para a celebración conxunta da manifestación do 1º de Maio, en base á reivindicación común, expresada na Folga Xeral do día 29 de marzo, de "Derogación da Reforma Laboral" (O texto da carta, xa fora publicado nesta mesma web).
En resposta a esa carta da CGT, convocouse unha reunión o mércores, 18 de abril, á que acudiron CNT, CC.OO, UGT e SGTS. O día anterior, os secretarios xeral e de organización de CGT-Pontevedra mantiveran unha entrevista co secretario xeral da CIG en Pontevedra, insistíndolle na necesidade desa unidade sindical para afrontar con éxito a brutal agresión que sufren a clase traballadora e a sociedade en xeral coa Reforma Laboral e o conxunto da política económica que está levando a cabo o actual governo. Entendíamos ademáis que esta necesidade de unidade sindical estaba sendo demandada con forza polos traballadores e traballadoras da nosa comarca, tal como puxeron de manifesto nas importantes manifestacións do día 29 e no desenrolo da propia Folga Xeral. A CIG non o entendeu así, e escusou a súa participación na manifestación unitaria.
Resta pendente para unha próxima reunión, o 25 de abril, a posibilidade dun manifesto conxunto e a correspondente celebración dunha rolda de prensa de tódolos convocantes.
Comité Local – CGT Pontevedra