post

 

Este sábado, 17 de novembro, a afiliación de CGT, amigos e simpatizantes de Pontevedra temos unha nova cita en Defensa da Sanidade Pública, ás 12:30h, na Praza da Peregrina.

 

A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado na nova convocatoria da Marea Branca de Pontevedra e outras organización e colectivos que, como a CGT, estamos en contra das Privatizacións e pola defensa dunha sanidade pública.

Todos sabemos que a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administración, como a Xunta de Galicia, é cada día que pasa máis noxenta, sin que vexamos o remate de tanta miseria. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

 

Comité Local da CGT de Pontevedra

Comparte esta entrada ...