A CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando o vindeiro domingo 17 de xaneiro, ás 12:30 horas, a unha nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).
Cunha redución orzamentaria en sanidade de máis un 10% o pasado ano pasado, con máis dun 22% na atención primaria e máis dun 30% en persoa, está clara a aposta do gobernó por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais.
Recortes, situación precaria dos traballadores e traballoras interinas, peche de más de 500 camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.
Comité Local da CGT da Coruña