Como resultado das Asembleas de traballadoras e traballadoras realizadas o pasado día 4 de Xullo en todos os centros de traballo a nivel estatal, a CGT convoca Folga de 24 horas para o vindeiro día 15 de xullo, en coincidencia coa cuarta reunión da Comisión negociadora.
Dende a CGT entendemos que non é momento de medias tintas, é moito o que nos xogamos e, entre todos e todas, debemos loitar para frear este ERE inxusto e inxustificado.
Tras a campaña de mobilizacións que levamos a cabo dende principios de ano, e que culminou coa folga de 24 horas do pasado 23 de xuño, os traballadores e traballadoras teñen trasmitido, a través das asembleas convocadas, que non hai que afrouxar o paso na loita. Se a situación era mala o día 23 de xuño, a día de hoxe é crítica.
Agardamos que todos os sindicatos con representación en Atento esteamos unidos pola defensa dos 823 postos de traballo que Atento quere destruír.
Ademais, os vindeiros martes 8 de xullo e xoves 10 de xullo haberá concentracións diante da empresa ás 11 e ás 18 horas.
Agora, máis que nunca… Non ao ERE en Atento, nin un paso atrás.
Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña