CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/14-de-febreiro-de-2013-traballadores-de-clece-en-loita/ Export date: Wed Apr 16 18:42:34 2025 / +0000 GMT |
14 de Febreiro de 2013 - Traballadores de CLECE en loitaMañá xoves 14 de Febreiro, convocase unha concentración a prol dos dereitos laborais dxs traballadores dos Servizos Sociais do Concello de Vigo, recentemente mercantilizados pola empresa CLECE, S.A. ![]() O Programa Municipal de Intervención Familiar, que se ven desenvolvendo con éxito dende hai máis de dezaseis anos, está formado por un equipo multidisciplinar de catorce profesionais: educadores sociais, traballadores sociais, psicólogos e unha administrativa, que realizan labores de integración social e prestan apoio a máis de 380 familias multiproblemáticas, que fan un total de 1432 cidadáns de Vigo, dos que 657 son menores. Recentemente pasou a ser xestionado pola empresa de multiservizos, sen experiencia no sector, CLECE S.A., en detrimento da atención e da calidade que se viña prestando. Coa concesión deste Programa a CLECE S.A., as familias en situación de risco coas que se traballaba vense claramente prexudicadas, xa que as actuacións da empresa atentan contra a dignidade dos profesionais do Programa, aos que impide que fagan o seu traballo nas mesmas condicións laborais que até o de agora: non lles remuneran os desprazamentos para atender ás familias, impiden a súa conciliación laboral e familiar, néganlles o salario que estaban a percibir,… e todo isto, sen poder xustificalo coa crise actual, posto que a partida orzamentaria que o Concello destina a este programa non se viu diminuída. Xórdennos moitas preguntas: Quen se está embolsando os cartos deste programa, destinado ás familias e aos traballadores? Por que se permite que gañen os concursos públicos á baixa, este tipo de empresas, en detrimento da calidade dos servizos que prestarán, e das condicións laborais dos traballadores? E sendo o Concello de Vigo o máximo responsable, quen non dubida en poñer este importante Programa en mans de calquera empresa, sen importarlle os medios cos que contan e o servizo que prestarán,… cando vai pór fin a estes agravios? Facemos un chamamento a toda a cidadanía para que apoie as mobilizacións en defensa do mantemento deste servizo fundamental para moitas familias e para toda a sociedade. Acude e manifesta a túa repulsa contra a política de recortes á conta da saúde e da calidade de vida da cidadanía, contra a mercantilización dos Servizos Sociais e para beneficio das grandes empresas. NON AOS RECORTES E AO DETERIORO DO PROGRAMA DE INTERVENCIÓN FAMILIAR!! NON Á MERCANTILIZACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS DE VIGO!! CLECE FAI NEGOCIO E O CONCELLO CONSINTE!! |
Post date: 2013-02-13 12:36:36 Post date GMT: 2013-02-13 11:36:36 Post modified date: 2013-02-13 12:36:36 Post modified date GMT: 2013-02-13 11:36:36 |
Export date: Wed Apr 16 18:42:34 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |