Na xuntanza dos participantes locais da Plataforma Galega de apoio ás Marchas da dignidade de Pontevedra (a Madrid, 22 de Marzo), celebrada este xoves, 27 de febreiro, no edificio sindical, acordouse continuar a organización da Marcha "Pontevedra-Madrid" e o Tren da dignidade, cos seguintes actos:
– Do 3 ó 12 de marzo, todos os días – As persoas, colectivos sociais e organizacións interesadas en participar na Marcha "Pontevedra-Madrid" e acudir a manifestación do 22 de Marzo no "Tren da dignidade", poden recoller os billetes na sede da CGT (Edificio sindical, r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) de 19,30h a 21:00h
– Día 7 de marzo (venres) – Roda de prensa da Plataforma Galega, baixo o lema "Pontevedra na loita da dignidade", ás 12:00h, no Edificio Sindical.
– Día 7 de marzo (venres) – Presentación da Marcha e Tren da dignidade, por todos as persoas, colectivos sociais e organizacións participantes, ás 19,30h, na Sala «Sargadelos».
– Día 13 de marzo (xoves) – Manifestación e chamamento final a participación en Madrid o 22 de marzo. A manifestación sará da Praza da Ferrería, ás 20:00h.
A CGT de Pontevedra- Arousa fai un chamamento a toda a súa afiliación e a clase traballadora en xeral para que se incorpore a estas accións contra o paro, os recortes e contra a política económica e social do goberno, e as difunda para seu maior éxito.

Comité Local CGT Pontevedra – Arousa

Comparte esta entrada ...