CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/1%c2%ba-de-maio-na-coruna/
Export date: Tue Jul 16 9:49:20 2024 / +0000 GMT

1º de maio na Coruña


Cabeceira da mani



Ás doce e cuarto do mediodía tivo lugar a saída da cabeceira da manifestación do 1º de maio da CGT co lema "Cada despido é unha agresión. Ningunha agresión sen resposta". Máis dun cento de manifestantes participaron no acto, reclamando insistentemente a urxente necesidade dunha Folga Xeral e sinalando a organización e loita da clase obreira como o camiño para enfrentarse ao capital, aos ERES e aos despedimentos. Á manifestación sumouse un grupo de traballadores da CUT, que participaron das reivindicacións plantexadas.

A manifestación rematou na Praza do Humor, onde se deu lectura ao manifesto da CGT da Coruña e se cantou "A las barricadas".
Post date: 2010-05-01 13:06:56
Post date GMT: 2010-05-01 12:06:56

Post modified date: 2010-05-01 13:23:42
Post modified date GMT: 2010-05-01 12:23:42

Export date: Tue Jul 16 9:49:20 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com