CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/1%c2%ba-de-maio-na-coruna-2/
Export date: Wed Jul 17 12:11:43 2024 / +0000 GMT

1º de maio na Coruña


Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema "Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión", uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

"Comisións, UXT, sindicatos do poder", "Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión", "Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira", "Obreiro despedido, patrón colgado", "Obreira despedida, patrón colgado", e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse "A las barricadas" e "A Internacional", e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.
Post date: 2011-05-01 13:09:02
Post date GMT: 2011-05-01 12:09:02

Post modified date: 2011-05-01 13:24:09
Post modified date GMT: 2011-05-01 12:24:09

Export date: Wed Jul 17 12:11:43 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com