Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema «Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión», uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.
«Comisións, UXT, sindicatos do poder», «Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión», «Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira», «Obreiro despedido, patrón colgado», «Obreira despedida, patrón colgado«, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.
A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse «A las barricadas» e «A Internacional», e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.