CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/1%c2%ba-de-maio-en-vigo-2/ Export date: Sat Dec 28 7:17:32 2024 / +0000 GMT |
1º de maio en Vigo Con saída na praza de Fernando "El Católico", ás 11:00 horas, uns 2700 traballadores e traballadoras convocados por CGT e CUT, pecorreron o centro de Vigo, baixo o lema "Folga Xeral Xa!!!". Acompañados por gaiteiros e ata zancudos, a manifestación de CGT, transcurriu nun claro ambente reivindicativo dada a gravísima situación que está padecendo a clase traballadora da nosa comarca e do resto do estado. Moitos foron os eslogans berrados, pero, sen dúbida, o que máis insistentemente se coreou foi o de "Contra o Goberno e o Capital, Folga Xeral". No punto final do percorrido, a Porta do Sol, o Secretario Xeral do SOV, Isidro Román, en representación da Federación Local da CGT, dirixiuse a todos os alí congregados para tras unha breve descripción da situación socio-laboral da comarca, e mencionar o papel de apagalumes que os sindicatos institucionais, tanto a nivel estatal como galego, están tendo nesta crise, facer un chamamento á necesaria Folga Xeral pola que CGT leva loitando dende o Congreso Confederal de Málaga. Co Himno "A las barricadas" finalizou a manifestación máis numerosa convocada por unha organización anarcosindicalista en Vigo, e que demostra o lento pero continuo crecemiento da nosa organización. Trala manifestación perto de cincuenta afliados e simpatizantes reuníronse nunha comida de confraternización. Unha vez finalizada a mesma os presentes asistieron a un magnífico concerto a cargo de "Cé Orquestra Pantasma", este artista é un dos últimos homes orquesta que quedan na Península. O seu repertorio abraguiu dende el folk ao punk, pasando polos clásicos de todas as épocas e estilos e para todos os públicos. Os actos do 1º de Maio, foron o colofón á 1ª SEMANA LIBERTARIA de Vigo, organizada pola Federación Local da CGT. Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, a Federación Local decidiu realizar unha serie de actos nos que se deron a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais como sociais ou relacionados co movemento obreiro. Desde os Secretariados Permanentes dos dous Sindicatos que constitúen a Federación Local pensamos que esta iniciativa debería perdurar no tempo e que esta primeira Semana Libertaria pode ser a primeira doutras moitas. Fotos por cortesía de Paco Vilabarros, ANT |
Post date: 2010-05-05 21:11:54 Post date GMT: 2010-05-05 20:11:54 Post modified date: 2010-06-05 15:21:47 Post modified date GMT: 2010-06-05 14:21:47 |
Export date: Sat Dec 28 7:17:32 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |