Co Himno «A las barricadas» finalizou a manifestación máis numerosa convocada por unha organización anarcosindicalista en Vigo, e que demostra o lento pero continuo crecemiento da nosa organización.
Trala manifestación perto de cincuenta afliados e simpatizantes reuníronse nunha comida de confraternización. Unha vez finalizada a mesma os presentes asistieron a un magnífico concerto a cargo de «Cé Orquestra Pantasma», este artista é un dos últimos homes orquesta que quedan na Península. O seu repertorio abraguiu dende el folk ao punk, pasando polos clásicos de todas as épocas e estilos e para todos os públicos.
Os actos do 1º de Maio, foron o colofón á 1ª SEMANA LIBERTARIA de Vigo, organizada pola Federación Local da CGT. Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, a Federación Local decidiu realizar unha serie de actos nos que se deron a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais como sociais ou relacionados co movemento obreiro. Desde os Secretariados Permanentes dos dous Sindicatos que constitúen a Federación Local pensamos que esta iniciativa debería perdurar no tempo e que esta primeira Semana Libertaria pode ser a primeira doutras moitas.
Fotos por cortesía de Paco Vilabarros, ANT